As illas Cíes pasando por Vigo
As Illas Cíes forman un arquipélago que pertence ao municipio de Vigo, na provincia de Pontevedra. Vigo tamén forma parte das Rías Baixas galegas, unha área costeira de alto interese turístico pola súa gastronomía, as súas praias, paisaxes, xentes e infinidade de pequenas cousas que fan de Vigo e a súa área de influencia unha viaxe inesquecible.
O único xeito de chegar ás Illas Cíes é por vía marítima, empregando os ferrys de transporte de pasaxeiros que operan na Ría de Vigo e nos arredores. Por mor de ser un espazo natural protexido o acceso ao parque está limitado, na actualidade, a 2.200 visitantes diarios, é aconsellable reservar con antelación tanto os billetes de pasaxe como a acampada. Se se vai en embarcación privada cómpre solicitar un permiso de fondeo. Tamén hai que solicitar permiso para mergullar nas súas augas.
Invitámoste a que de camiño ás Illas Cíes tomes Vigo como punto de partida e descubras a cidade de Vigo e os seus arredores.
Estacións Marítimas
Na actualidade hai saídas regulares de pasaxeiros a partir de Semana Santa e verán, sempre e cando o tempo o permita. As saídas teñen lugar dende as estacións marítimas de Portonovo, Cangas, Baiona e Vigo.
Chegando a Vigo
Aeroportos, estacións de trens e autobuses: Deixámosvos os datos de contacto dos diversos medios de transporte públicos que vos axudarán a chegar a Vigo.
Aeroportos
Vigo – Tel.: 986 268 200
Santiago – Tel: 981 547 501
A Coruña – Tel: 981 187 315
Oporto – Tel: +351 22 943 2400
Estacións de Tren
Información de estacións: 902 432 343
Renfe: 902 320 320
Información, reserva, venda, cambio e anulación de billetes: 902 240 505
Autobuses
Vigo, Tel.: 986 373 411
Pontevedra, Tel.: 986 852 408