Por favor apoia a nosa petición á UNESCO para que as Illas Cíes sexan declaradas Patrimonio Natural da Humanidade

Por favor apoia a nosa petición á UNESCO para que as Illas Cíes sexan declaradas Patrimonio Natural da Humanidade. Só che levará dous minutos e beneficiaranos a todos. Grazas!

Illas Cíes

Un dos destinos turísticos máis visitados de Galicia, pide autorización e compra o teu billete aquí.

As Illas son un paraíso natural  na ría de Vigo que forman un impresionante Parque Natural Mariño Terrestre. Este arquipélago fórmano tres illas: Norte ou Monteagudo, do Medio ou do Faro e Sur ou San Martiño. As dúas primeiras están unidas por medio do areal da Praia de Rodas e un  crebaondas. As Illas Cíes foron declaradas Parque Natural en 1980 e incluídas no Parque Natural das Illas Atlánticas de Galicia creado no ano 2002.

As Illas Cíes prométenlle ao visitante unha excelente excursión nun espazo natural altamente protexido para gozar ao máximo da natureza. Neste paraíso virxe podemos salientar a Praia de Rodas, galardoada co título de “A Mellor Praia do Mundo” polo recoñecido diario británico “The Guardian”. Paga a pena vir e percorrer as illas, visitar as praias e gozar da natureza nun dos poucos Paraísos Virxes que nos quedan na Terra.