As illas Cíes pasando por Vigo

As Illas Cíes forman un arquipélago que pertence ao municipio de Vigo, na provincia de Pontevedra. Vigo tamén forma parte das Rías Baixas galegas, unha área costeira de alto interese turístico pola súa gastronomía, as súas praias, paisaxes, xentes e infinidade de pequenas cousas que fan de Vigo e a súa área de influencia unha viaxe inesquecible.

O único xeito de chegar ás Illas Cíes é por vía marítima, empregando os ferrys de transporte de pasaxeiros que operan na Ría de Vigo e nos arredores. Por mor de ser un espazo natural protexido o acceso ao parque está limitado, na actualidade, a 2.200 visitantes diarios, é aconsellable reservar con antelación tanto os billetes de pasaxe como a acampada. Se se vai en embarcación privada cómpre solicitar un permiso de fondeo. Tamén hai que solicitar permiso para mergullar nas súas augas.

Invitámoste a que de camiño ás Illas Cíes tomes Vigo como punto de partida e descubras a cidade de Vigo e os seus arredores.

Estacións Marítimas

Na actualidade hai saídas regulares de pasaxeiros a partir de Semana Santa e verán, sempre e cando o tempo o permita. As saídas teñen lugar dende as estacións marítimas de Cangas, Baiona e Vigo.

Mapa de localización das estacións Marítimas con saída ás Illas Cíes.

Estación Marítima de Vigo

Estación Marítima de Cangas

Estación marítima de Baiona

Barcos ás Illas Cíes

Naviera Nabia
Tel. – 986 320 048

Chegando a Vigo

Aeroportos, estacións de trens e autobuses: Deixámosvos os datos de contacto dos diversos medios de transporte públicos que vos axudarán a chegar a Vigo

Aeroportos

Vigo – Tel.: 986 268 200

Santiago – Tel: 981 547 501

A Coruña – Tel: 981 187 315

Oporto – Tel: +351 22 943 2400


Vigo, Tel.: 986 373 411

Autobuses Vigo

Pontevedra, Tel.: 986 852 408

Autobuses Pontevedra

Islas Cíes Patrimonio de la Humanidad

POR FAVOR FIRMA NOSA PETICIÓN

Por favor apoia a nosa petición á para que as Illas Cíes sexan declaradas Patrimonio Natural da Humanidade. Só che levará dous minutos e beneficiaranos a todos.

Grazas!

 

FIRMA A PETICIÓN

 

Grazas por firma la petición.

Pin It on Pinterest

Share This

Si continuas navegando neste sitio, aceptas o uso das cookies. Máis información

As opcions de cookie neste sitio web están configuradas para "permitir cookies" para ofrecerche unha mellor experiéncia de navegación. Se segues facendo uso deste sitio web sen cambiar as tuas opcions o fas clic en "Aceptar" estarás consintindo as cookies deste sitio.

Pechar