fbpx
p

Mapa de Praias e Servizos nas Illas Cíes

Neste mapa poderás observar as praias e os diferentes servizos dispoñibles nas illas Cíes.

Fai clic no mapa para afastar ou achegar a vista. Recomendámosche expandir o mapa en expandir mapa para ollalo con maior detalle. Tamén podes abrir a barra lateral en barra lateral mapa para marcar ou desmarcar os diferentes ítems.

Recursos para a túa visita ás Cíes

No sitio web do Parque Nacional das Illas Atlánticas están dispoñibles recursos para gozar ao máximo da túa visita ás Illas Cíes. Dende folletos informativos en PDF ata visitas guiadas para grupos ou charlas de divulgación. Por favor consulta a súa páxina para máis información.

O Restaurante do Peirao

O primeiro que ollarás ao desembarcar no peirao das Illas Cíes é o típico restaurante-bar onde poderás comer, mercar uns bocadillos para levar ou sinxelamente tomar un café na terraza admirando as vistas.

O Camping

A ter en conta antes de decidir ir de acampada ás Illas Cíes é xestionar a reserva con antelación xa que a demanda é moi alta.

O Cámping ofrece unha ampla diversidade de servizos, aluguer de equipamento, actividades e conta tamén con servizo de restaurante e supermercado.

Para saber máis sobre o cámping consulta a súa páxina web aquí.

Camping Illas Cíes

As Praias

Un dos principais atractivos das illas son as súas praias virxes. Entre elas atópase a praia de Rodas, considerada a mellor praia do mundo por varios críticos do sector turístico, entre eles o periódico británico The Guardian. Outra das praias coñecidas das illas é a praia de Figueiras, polo seu atractivo para os amantes do naturismo.
Islas Cíes Patrimonio de la Humanidad

POR FAVOR FIRMA NOSA PETICIÓN

Por favor apoia a nosa petición á para que as Illas Cíes sexan declaradas Patrimonio Natural da Humanidade. Só che levará dous minutos e beneficiaranos a todos.

Grazas!

 

FIRMA A PETICIÓN

 

Grazas por firma la petición.

Pin It on Pinterest

Share This