t

Achegámosvos unha serie de preguntas coa resposta ás dubidas máis frecuentes que recibimos a diario no noso enderezo electrónico e a través das nosas redes sociais. Se aínda así tendes dúbidas poñédevos en contacto con nós, prometemos respondervos en canto poidamos.

Que días ou con que regularidade saen os barcos?

En temporada baixa (dende mediados de setembro ata xullo) as viaxes son esporádicas. Para viaxar nestas datas por favor consultade as webs das navieiras (información das navieiras) para ver se houbese viaxe nas datas desexadas. Na Semana Santa acostuma haber varias viaxes, dependendo do tempo. A partir de xullo ata mediados de setembro as viaxes son regulares e con varias saídas diarias.

Tanto en temporada baixa como alta as viaxes dependen do tempo, raras veces ocorre pero con tormenta ou cun mar moi rizado os barcos non saen.

Canto custan os billetes do barco das Illas Cíes?
Os prezos en temporada alta son de algo menos de 20€ para adultos e algo máis de 5€ para nenos. En temporada baixa os nenos ata 12 anos viaxan gratis e o billete de adulto sae un pouco máis de 15€. Deixámosvos os enlaces para que poidades comprobar os prezos coas navieiras e reservar billetes para o barco:
Onde podo mercar os billetes de barco?
Os billetes pódense mercar nas billeteiras das navieiras nos diferentes portos de embarque ou ben a través das súas páxinas web: Direccións web
Con canto tempo de antelación cómpre reservar?
Para viaxar ás Illas Cíes hai un limite diario de 2.200 persoas polo que é conveniente non deixar a merca dos billetes do barco de pasaxe para última hora. Non é doado conseguir billete dun día para outro en temporada alta, practicamente imposible se se quere ir en fin de semana. Por iso recomendamos reservar o billete cuns días de antelación, ademais reservando antes non só se asegura a viaxe senón que tamén se poderá saír no primeiro barco do día e non no das doce do mediodía por exemplo. Do mesmo xeito poderase reservar praza no último barco de volta para pasar o máximo de tempo posible alí.
Cómpre solicitar permiso para acampar?

Efectivamente hai que solicitar permiso para acampar, deixámosvos o enlace para reservas coas instrucións:

http://www.campingislascies.com/es/reservas

Podo ir cunha embarcación privada visitar as Illas Cíes?
Si pero terás que pedir permiso de fondeo con anterioridade: Permiso de Fondeo
Con canto tempo cómpre reservar o cámping?

Recomendamos reservar o cámping como mínimo un mes antes, deixámosvos o enlace para reservas coas instrucións:

http://www.campingislascies.com/es/reservas

Podo levar o can? E outra mascota?
As Illas Cíes son un parque Natural e polo tanto están protexidas. Non se pode introducir ningunha especie animal ou vexetal
Cómpre solicitar permiso para mergullar en apnea?
Por que hai que traer o lixo e non se pode deixar na illa?
As illas Cies son un espazo protexido e así debe manterse. Por iso é importante que todos colaboremos e traiamos de volta ao porto de orixe todo o lixo que xeremos. Lémbrate de levar unha bolsa baleira para meter todo o lixo e traelo de volta
Como podo anunciarme con vós?
Contáctanos empregando o noso formulario de contacto ou ben enviándonos un correo electrónico a info@lasislascies.com e darémosche máis información.