Para min, é sen dúbida unha das etapas máis fermosas, practicamente en baixada e chan, non ten ningunha dificultade.
A Ruta da Pedra e da Auga
Visitaremos a «Ruta da Pedra e da Auga » que discorre por unha zona natural de gran beleza, entre as localidades de #Ribadumia e #Meis, na comarca do Salnés. Camiñaremos baixo a sombra das árbores e atoparemos antigos muíños de auga que descansan ás beiras do río Armenteira.
Unha vez que chegamos á parte chaira, tras cruzar a estrada, descansando no Bar O Chiringo de Concha , paga a pena. Despois da parada, visitaremos a « Ruta do Viño Rías Baixas », hortas e viñedos que indican que nos achegamos á ría de Arousa, despois de percorrer uns 24 km chegamos ás praias e a #Vilanova de Arousa.
Segue a ruta: https://es.wikiloc.com/rutas-senquista/6a-etapa-armenteira-vilanova-de-arousa-23-km-41669096


0 comentarios